Alternativas na Xustiza




CCOO de Justicia




co.bas - Justicia en Canarias




CIG - Sector de Xustiza




CSI-F Justicia




Intersindical Canaria - Justicia




Intersindical Justicia Valencia




Justicia y Progreso







UGT Justicia




SPJ-USO




Blog de Justicia - Adams




Oposiciones Administración de Justicia




CCOO de Justicia




CCOO en Mugeju




CNLEAJ




SISEJ




Unión Progresista de Letradas/os Justicia





Páginas web de UPF, AF, APIF, JpD, AJFV, APM y FJI

Asociación Profesional de la Magistratura




Foro Judicial Independiente




Juezas y Jueces para la Democracia




Asociación de Fiscales








Información publicada en revistas jurídicas digitales.

El BOE nuestro de cada día




CGPJ - En Portada




CGPJ - Noticias Judiciales





Para consultar el Directorio de Blogs jurídicos elaborado por José Ramón Chaves, pulse aquí.




A Facultade de Dereito edita un volume de termos de dereito internacional en tres idiomas e as unidades didácticas de cinco docentes


dereito


Ademais, o centro organiza un ciclo de conferencias sobre os dereitos lingüísticos en Galicia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito presentou este mércores varios dos proxectos nos que estivo traballando nos últimos meses, todos enmarcados na iniciativa ‘ Témoslle lei’. Ademais, anunciou un ciclo de conferencias sobre os dereitos lingüísticos en Galicia dirixido pola profesora Alba Nogueira.

Termos de dereito internacional


Os profesores Javier Maseda e Carlos Teijo son os autores da publicación Termos esenciais de dereito internacional que se acaba de presentar en formato papel. O volume recolle a terminoloxía básica deste ámbito continuando a colección de glosarios especiali­zados promovida no marco dun plan para aumentar e mellorar o uso da lingua galega na Facultade e que xa deu ao prelo tra­ballos sobre dereito constitucional e dereito penal.

A obra, que diferenza entre o dereito internacional público e o privado, presenta nesta ocasión unha particularidade que non teñen os anteriores como é que aos pares galego-español se incorporan as formas inglesas dos termos, o que para os autores “permite aumentar de forma moi notable a súa utilidade como ferramenta para a consulta de textos xurídicos inter­nacionais”.

Conferencias sobre Dereitos Lingüísticos


Ademais, co gallo de achegar recursos que cubran o baleiro que os programas da licenciatura e do grao de Dereito posúen no ámbito dos dereitos lingüísticos e o exercicio da profesión en Galicia, a Facultade organiza un ciclo de conferencias a celebrar en seis sesións entre setembro e novembro. O prazo de matrícula remata o vindeiro día 25.

O ciclo, dirixido pola profesora Alba Nogueira, permitirá expor os diferentes papeis que lles corresponden aos poderes públicos, como responsables de protexer e fomentar o uso da lingua, e á cidadanía no exercicio dos dereitos lingüísticos así como coñecer experiencias que poidan indicar como regular ou abordar esta cuestión no ámbito do Dereito e da Administración pública. Ademais, ofreceranse referentes sociais de profesionais que usan o galego na súa práctica profesional.

Durante o desenvolvemento desta actividade daranse a coñecer os dereitos lingüísticos e a súa protección nos diversos ámbitos (administración pública, xustiza, educación, ámbito privado) de xeito que as persoas asistentes teñan a oportunidade de reflexionar a través da participación nos coloquios das conferencias e da elaboración dun traballo persoal consistente no comentario de sentenzas en relación coa protección e defensa dos dereitos lingüísticos.

Unidades didácticas


No mesmo acto presentáronse as Unidades didácticas dos docentes da Facultade Ana Gude, Gumersindo Guinarte, Natalia Pérez Rivas, Fernando Vázquez Portomeñe e Ignacio Vidal Portabales.

En concreto, publicáronse as unidades Dereitos da personalidade para a materia Dereito Constitucional II; Sociedade de responsabilidade limitada , para Dereito da Empresa; e As circunstancias atenuantes da responsabilidade criminal , A extinción da responsabilidade criminal e Circustancias agravantes , para Dereito Penal I.

Tanto o ciclo como as publicacións máis recentes da Comisión presentáronas na Facultade a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o decano do centro, Luis Míguez; e a presidenta da Comisión de Normalización Lingüística de Dereito, Antonia Nieto, entre outras persoas.


Publicado el 19/09/2012 en http://xornal.usc.es

Enlace permanente: http://goo.gl/EQlHk