Alternativas na Xustiza




CCOO de Justicia




co.bas - Justicia en Canarias




CIG - Sector de Xustiza




CSI-F Justicia




Intersindical Canaria - Justicia




Intersindical Justicia Valencia




Justicia y Progreso







UGT Justicia




SPJ-USO




Blog de Justicia - Adams




Oposiciones Administración de Justicia




CCOO de Justicia




CCOO en Mugeju




CNLEAJ




SISEJ




Unión Progresista de Letradas/os Justicia





Páginas web de UPF, AF, APIF, JpD, AJFV, APM y FJI

Asociación Profesional de la Magistratura




Foro Judicial Independiente




Juezas y Jueces para la Democracia




Asociación de Fiscales








Información publicada en revistas jurídicas digitales.

El BOE nuestro de cada día




CGPJ - En Portada




CGPJ - Noticias Judiciales





Para consultar el Directorio de Blogs jurídicos elaborado por José Ramón Chaves, pulse aquí.




Xustiza taxativa, por Xosé Manuel Pereiro

Publicado o 24/1172012 en www.laopinioncoruna.es


Recórdolle escoitar a Víctor Vázquez Portomeñe, nunha daquelas entrevistas que me compensaban o pouco gusto que lle teño a ese xénero periodístico, contar dun cliente seu que tiña cando se puxo de avogado en Chantada. Era un patrón que lle entrou pola porta un día de feira dicíndolle que lle tiña que ir mirar os sitios por se había lugar a algún preito. Portomeñe aló foi un día, e acompañado do vello visitou leira por leira e monte por monte, sen atopar cousa grande ou pequena que xustificase iniciar un litixio. Así llo comunicou o cliente potencial, con gran desgusto deste, que teimou en que algo habería que poder poñer en papel de oficio. "E para que quere que eu perda o tempo e vostede os cartos, e por riba poñerse a mal cun veciño, para nada?", amoscouse finalmente o letrado reticente. "A casa lévanma o fillo e a nora, non me deixan facer nin gastar nada, e se teño un preito, sempre podo dicir que vou vir á vila os días de feira coa escusa de ver como vai o preito", confesou o patrón.

Pois quitado aquel preiteante vocacional de Portomeñe, algún adicto ás denuncias e eses dos programas televisivos que sempre din que se están cruzando denuncias, eu non sei de ninguén que preitee porque quere, lle peta ou dálle a gana, e gasta os cartos que ten ou non en procuradores e avogados e nestes procesos que se sabe cando se empezan pero non cando acaban. Preitos teñas e os ganes, advertían os vellos. Así que se a pretensión do ministro de Justicia Alberto Ruiz Gallardón impoñendo esas taxas xudiciais abertamente inxustas era remediar o atasco nos xulgados, o resultado vai ser o mesmo que aqueles anuncios do Sergas para que se non estabas grave, ou daban un partido pola tele, non foses a urxencias a atascar os servizos. Ningún. Nos dous casos, o remedio é mellor organización e/ou máis medios.

Soamente a alguén que leva toda a vida intrigando como Alberto Ruiz Gallardón tanto lle ten que estean en conta todos os estamentos da xustiza, de maxistrados a secretarios xudiciais, e de todas as ideoloxías. Como hai xente que so ve as cousas polo interese, podíase entender que avogados e procuradores estiveran en contra pola redución de clientela que pode supoñer a medida (clientes con vocación semellante a aquel de Portomeñe xa non deben quedar), pero o resto, xuíces e funcionarios, deberían estar a favor pola mesma razón. - soamente a alguén como o ministro de Justicia, que nunca tivo que traballar de verdade (e que cando foi alcalde considerou normal gastar 510 millóns de euros no novo consistorio, 24,5 no seu despacho, ou deixar ao concello de Madrid cunha débeda de 6.500 millóns de euros), pode considerar presentable poñer unha taxa de 200 euros para recorrer unha multa de 100. Se para facer valer un dereito che piden máis do que obterías se che dan a razón, está claro que en realidade estanche negando o tal dereito. Outra cousa é que fagamos unha xustiza Eurovegas: eu pago a taxa, pero se teño a razón, páganme dobre veces o que solicitaba. - haberá quen se anime, por que non. Tamén hai xente que o votou.


Enlace permanente: http://goo.gl/lTMsf