Alternativas na Xustiza




CCOO de Justicia




co.bas - Justicia en Canarias




CIG - Sector de Xustiza




CSI-F Justicia




Intersindical Canaria - Justicia




Intersindical Justicia Valencia




Justicia y Progreso







UGT Justicia




SPJ-USO




Blog de Justicia - Adams




Oposiciones Administración de Justicia




CCOO de Justicia




CCOO en Mugeju




CNLEAJ




SISEJ




Unión Progresista de Letradas/os Justicia





Páginas web de UPF, AF, APIF, JpD, AJFV, APM y FJI

Asociación Profesional de la Magistratura




Foro Judicial Independiente




Juezas y Jueces para la Democracia




Asociación de Fiscales








Información publicada en revistas jurídicas digitales.

El BOE nuestro de cada día




CGPJ - En Portada




CGPJ - Noticias Judiciales





Para consultar el Directorio de Blogs jurídicos elaborado por José Ramón Chaves, pulse aquí.




Contra as taxas xudiciais: As razóns do funcionariado

Publicado o 29/11/2012 por Xaime Meilán





- As estatísticas din que a maior parte dos accidentes nos trens se producen no vagón de cola, como poderiamos evitalos? 

- Elemental, suprimindo o vagón de cola. 





- Os xulgados soportan unha alta litixiosidade, como poderiamos reducila? 

- Reorganizando a burocracia xudicial e dotándoa de medios? 

- Non. Limitando o número de asuntos que ingresan nos xulgados. 

- Como? Potenciando a mediación e a solución extraxudicial para a resolución dos conflitos? 

- Non. Poñendo trabas para o exercicio da tutela xudicial efectiva. Se os requisitos para demandar son moi gravosos, renunciarán a acudir aos xulgados... e baixará a litixiosidade. Aprobemos a Lei de Taxas. 







Que hai do meu, Gallardón? 


A resposta a tan disparatada Lei foi inmediata. 

Os avogados e procuradores, que ven como se reducirá o seu volume de traballo, piden a dimisión de Gallardón. 

Os xuíces, que ven como coa reforma da LOPX en trámite desaparecerán xuíces substitutos, días por asuntos propios e demais prebendas, piden a dimisión de Gallardón. 

Os secretarios, que demandan a posta en marcha dunha oficina xudicial que dorme o sono dos xustos, piden a dimisión de Gallardón. 

E os cidadáns, os principais afectados pola nova Lei? 

Vaia, que se nos esqueceu explicarlles as consecuencias desta Lei, pero, en todo caso, xa estamos nós para defendelos. 






Afecta a Lei de Taxas aos funcionarios de Xustiza? 


Hai unhas semanas, un compañeiro declaraba a un xornal que, en principio, a Lei de Taxas non afectaba aos funcionarios.. en principio, pero, ao final? 

Vexamos. A Lei de Taxas suporá un notable descenso no número de asuntos que se tramitan na xurisdición social, civil e contenciosa. 

Algúns xulgados, así, achegaranse aos "módulos" que o CGPJ fixa como carga de traballo "normal", pero outros verán como descende o número de asuntos moi por debaixo deses módulos co que estará en cuestión a continuidade destes xulgados. 

Para os próximos anos case pode afirmarse que non se convocarán oposicións para Xustiza (salvo algunhas prazas de xuíces e fiscais) e que non se cubrirán xubilacións e baixas por falecemento e que a contratación dos interinos se reducirá ao mínimo imprescindible. 

Por outra parte, nalgúns proxectos xa se estuda a posibilidade de outorgar aos procuradores funcións que actualmente desempeñan compañeiros do corpo de auxilio xudicial (notificacións, citacións, execucións) e que non se nos esqueza a próxima entrada en vigor dunha "privatizada" Lei do Rexistro Civil. 


Entón, como se cubrirán as vacantes?, como se dotarán de persoal os novos xulgados? 


Modificando os cadros de persoal: Amortizando prazas que queden vacantes (suprimindo prazas nalgúns xulgados) e reordenando efectivos, cun custo cero á espera do que poida acontecer coa nova oficina xudicial. Galicia e Valencia son as comunidades pioneiras na aplicación desta política. 






Implicará esta política traslados forzosos? 


Vexamos o que di o proxecto de Lei de modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial que se aprobará antes do final de ano, xa que o PP decidiu aplicar ao devandito proxecto a tramitación urxente. 

Veintinueve. Se introduce un nuevo apartado 3 en el artículo 528, con el siguiente tenor:

«Por motivos excepcionales, el Ministerio de Justicia, o en su caso las Comunidades Autónomas con competencias en materia de justicia, podrán acordar planes de ordenación de recursos humanos en los términos y conforme a lo previsto en la normativa vigente para los funcionarios de la Administración General del Estado.»



Aféctanos aos funcionarios a Lei de Taxas? Pois si. 



Como se responde a esta agresión? 


Fuxindo dos corporativismos e implicando na denuncia e na mobilización aos cidadáns (usuarios da Xustiza) e a todos os colectivos relacionados coa administración de Xustiza (avogados, procuradores, xuíces, fiscais e funcionariado) dende a perspectiva de que esta Lei non é un feito illado senón que garda íntima relación co resto dos recortes nos servizos públicos e responde a un modelo de sociedade perfectamente definido no que a solidariedade e o apoio mutuo serán substituídos pola lei do máis forte. En definitiva, evitar que a Xustiza quede reservada para uns poucos, os máis ricos.