Alternativas na Xustiza




CCOO de Justicia




co.bas - Justicia en Canarias




CIG - Sector de Xustiza




CSI-F Justicia




Intersindical Canaria - Justicia




Intersindical Justicia Valencia




Justicia y Progreso







UGT Justicia




SPJ-USO




Blog de Justicia - Adams




Oposiciones Administración de Justicia




CCOO de Justicia




CCOO en Mugeju




CNLEAJ




SISEJ




Unión Progresista de Letradas/os Justicia





Páginas web de UPF, AF, APIF, JpD, AJFV, APM y FJI

Asociación Profesional de la Magistratura




Foro Judicial Independiente




Juezas y Jueces para la Democracia




Asociación de Fiscales








Información publicada en revistas jurídicas digitales.

El BOE nuestro de cada día




CGPJ - En Portada




CGPJ - Noticias Judiciales





Para consultar el Directorio de Blogs jurídicos elaborado por José Ramón Chaves, pulse aquí.




Gallardón, amigo, tes un problema

Publicado o 30/11/2012 por Xaime Meilán


A Gallardón, o ministro máis progresista do Goberno (impulsor da contrarreforma da Lei de aborto) e gran xestor (que deixou unha débeda multimillonaria no Concello de Madrid), non lle podemos negar un mérito: poñer a todos, agás algún colectivo dos que falaremos máis adiante, en contra da súa xestión e das súas propostas. 


O funcionariado: 

O ministerio de Xustiza está a aproveitar a tramitación de distintas leis para recortar dun xeito abusivo os dereitos (que non concesións graciosas) conseguidos polos traballadores tras moitos anos de loita: aboamento do 100% dos salarios nos casos de incapacidade, días por asuntos propios, eliminación das substitucións por interinos no caso de vacantes por enfermidade, recortes no equipamento, mobilidade territorial mesmo fóra do partido xudicial… sempre coa escusa da crise pero sen que se nos presenten os estudos económicos que xustifiquen tales medidas.

Pero é que, ademais, as leis en trámite e os anteproxectos que agochan nos caixóns (nova reforma da Lei do Rexistro Civil) suporán novas agresións ás nosas funcións, acabarán co noso estatuto profesional e poñerannos en situación de ser empregados como man de obra barata en calquera administración, todo iso coa finalidade de “axudar” a determinadas elites: os rexistradores da propiedade encargados xa das propostas de resolución dos expedientes de nacionalidade, ¿de xeito desinteresado?; os notarios, que se encargarán de determinados trámites do Rexistro Civil, previo aboamento dos correspondentes aranceis. 

Tales agresións, non merecen unha resposta? 


Xuíces e Fiscais: 

Ademais da súa soberbia e prepotencia, Gallardón minte.

Cando 200 xuíces e maxistrados asinan un manifesto contra o segundo indulto concedido a catro mossos d´Esquadra que foran condenados por tortura, non están interferindo no labor do Goberno e nas súas competencias, senón que están denunciando a utilización desas facultades para burlar a acción da Xustiza e impedir que os condenados por unha sentenza firme ingresen na cadea. 

Non é de estrañar, pois, que xuíces e fiscais, atacados e menosprezados pola política de Gallardón (reforma da LOPX e do CXPX, supresión dos xuíces substitutos…), acordaran de xeito unitario convocar concentracións para o día 12 de decembro diante dos edificios xudiciais, como anticipo dunha previsible folga no mes de xaneiro. 


Avogados e procuradores: 

Concentración a do día 12 que tamén apoiarán avogados e procuradores que coa Lei de Taxas (en vigor pero que polo de agora non aplicamos xa que nos faltan as pólizas) entrarán no terreo dos mileuristas e verán como facer fronte ás arbitrariedades da Administración será unha tarefa imposible: Mellor pagar a multa e esquecerse do tema.


É todo isto casual? Responde talvez á megalomanía do personaxe? 

Non nos enganemos. O que pasará coa Xustiza é o mesmo que están facendo xa coa educación ou coa sanidade. Provocar a súa quebra para xustificar o seu desmantelamento ou, se é o caso, a súa privatización. Pero é que no caso da Xustiza poderán facer realidade aquilo que repetíamos hai moitos anos: A Xustiza non funciona xa que non interesa que funcione. Sen Xustiza o poder ten as mans libres para actuar con total impunidade. 

As medidas, as agresións aféctannos dobremente, como cidadáns e como membros dalgún dos colectivos relacionados coa administración de Xustiza, e por iso a resposta ten que ser tamén conxunta, unitaria. O servizo público da Xustiza, o noso futuro, está en xogo.